A veciñanza do Salnés opina sobre o adianto electoral

VILAGARCÍA> Eleccións xerais o 28 de Abril. O Goberno adianta os comicios e saímos a rúa a coñecer a opinión da cidadanía.

O pasado venres, o presidente do goberno, Pedro Sánchez, convocaba eleccións xerais para o último domingo de abril. A falta de apoio ós orzamentos, levan ó líder socialista a adiantar estes comicios. Ante este adianto electoral a cidadanía ten clara a súa opinión.

O 28 de Abril é o día escollido para as eleccións estatais. A data seleccionada para estes comicios fará que non coincidan cos municipais, co que se evitará un súper domingo electoral. Esta decisión ten divida a poboación.

O que si que teñen claro os nosos veciños e veciñas son os problemas principais ós que debería facer fronte o próximo goberno elixido.

A división en Cataluña, o paro, a falta de traballo na xuventude, pero sobre todo a sanidade, son os problemas que máis preocupan a cidadanía.