PONTEVEDRA> A concellería de Igualdade de Pontevedra inaugurou hoxe un mural feminista na rúa Cruz Gallástegui. O graffiti promoveuse con motivo do Día da Muller e foi elaborado pola artista Sax en colaboración coa Urban Culture Factory.
Con motivo da Covid, este ano as mulleres non puideron saír á rúa de xeito multitudinario a celebrar o 8M. Por iso, a concellería de Igualdade de Pontevedra quixo que o berro feminista se quedase plasmado para sempre na cidade. A partir de hoxe, toda a cidadanía poderá gozar deste mural reivindicativo na rúa Cruz Gallástegui.
Sax foi a artista encargada de dar vida a este graffiti. Fíxoo en colaboración coa Urban Culture Factory.
Este mural é unha das claves da programación feminista deste mes de marzo. De feito, mañá terá lugar o segundo Faladoiro Literario Feminista na Uned. Este estará moderado pola xornalista Sara Vila e será emitido vía streaming a partir dás 19:00 horas.