A Deputación apoia a demanda do sinditado SATSE

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra súmase a demanda do Sindicato de Enfermería de Galicia que pide regular o ratio mínimo do persoal enfermeiro co obxectivo de garantir a seguridade dos pacientes. A presidenta da institución provincial anunciou esta mañá que trasladarán a súa petición ao Congreso dos Deputados.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mostrou esta mañá no pleno da institución o seu apoio ó sindicato SATSE de Galicia.  A corporación busca regular por lei o ratio mínimo do persoal enfermeiro para garantir a seguridade dos pacientes.

A Secretaria Xeral do Sindicato de Enfermería advertiu dos riscos que existen nos centros hospitalarios polo déficit do persoal e informou sobre a importancia de aumentar o número de enfermeiros para ofrecer maior calidade e seguridade aos pacientes.

Carmela Silva sumouse a demanda do SATSE e anunciou que trasladarán a súa petición ao Congreso dos Deputados.

Do pleno celebrado hoxe cabe destacar que os deputados do Partido Popular pediron explicacións por denegar a moción na que exixían responsabilidades políticas á presidenta polo caso do enchufe da súa cuñada. Os edís mostraron carteis pedindo a dimisión de Carmela Silva, que respondeu asegurando que estaban actuando coma “unha comparsa de carnaval”.