A campaña Denominación de orixe Palleira xa está na rúa

Pontevedra> A Asociación Os Palleiros, encargada da canceira municipal, presentou hoxe a campaña Denominación de orixe Palleira co fin de promocionar a adopción de cans. A campaña foi deseñada por Daniel Alonso como traballo fin de grado de Publicidade e Relacións Públicas. Un traballo que ten como obxectivo animar á adopción de cans e darlle máis valor á protectora.

Un alumno de Publicidade e Relacións Públicas realizou unha campaña para promocionar a adopción de cans como traballo de fin de curso.

Unha campaña que conta co selo de calidade e que inclúe dous subtítulos o de Etiqueta Negra e  de Gran Reserva.

A campaña actívase dende hoxe nas redes sociais e prolongarase ao longo todo o verán, unha campaña que estará centrada en 16 cans da familia Os Palleiros. Unha protectora onde neste segundo trimestre do ano contaron con 69 entradas e 31 adopcións.

Dende esta asociación tamén informaron neste día da xornada de portas abertas e recollida de pienso que terá lugar o sábado 7 de xullo en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.

Os Palleiros celebrará a súa cea benéfica anual que tará lugar o 28 de xullo en La Brisa en Lourido, o prezo por comensal é de 30 euros, contará coa opción vegana e as entradas estarán á venda ata o 23 do vindeiro mes.