O Concello de Pontevedra presenta un programa para o fomento de vivendas en aluguer en Valdecorvos

PONTEVEDRA> O Concello presentou esta mañá unha proposta pioneira que se levará a cabo en Valdecorvos. Trátase dunha cooperativa que reterá a propiedade de 36 vivendas durante 25 anos co obxectivo de que os usuarios que queiran acceder a elas podan optar en réxime de cesión de uso.

Co obxectivo de facilitar o acceso a vivenda na zona de Valdecorvos, o Concello presentou esta mañá un proxecto pioneiro en Galicia. Consiste na edificación de 36 vivendas a través dunha cooperativa que reterá a súa propiedade durante 25 anos. Por tanto, os usuarios que quixesen optar a estas vivendas deberían facelo en réxime de cesión de uso.

Con esta proposta, o goberno local pretende introducir o concepto de vivenda como dereito. Para iso, a cooperativa contará con tres fontes de financiamento.

Este programa de fomento de vivenda en aluguer é unha realidade xa noutros países de Europa. En Pontevedra, o importe que pagaría o usuario á cooperativa nunca podería superar os 450 euros. Ademais, ó cabo de 25 anos, podería facerse coa propiedade da vivenda.

Para os que estean interesados nesta nova proposta pioneira en Galicia, o Concello dará o luns 11 de marzo unha charla ás 20.00 horas na Casa da Luz para explicar todos os asuntos en torno a esta nova modalidade de aluguer.

Comments are closed.