O PSOE denuncia a situación sanitaria da comarca de Pontevedra

PONTEVEDRA> O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia denunciou esta mañá a situación que está atravesando a sanidade na comarca de Pontevedra. O PSOE asegura que existe un déficit de infraestruturas e de persoal nos centros de saúde e piden solucións inmediatas á Xunta de Galicia.

Os deputados do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia visitaron esta mañá as instalacións do Ambulatorio Virxe da Peregrina para reivindicar e denunciar a situación sanitaria da comarca de Pontevedra.

O Partido Socialista asegurou que existe un déficit tanto de infraestruturas como de persoal en todos os centros de saúde de Pontevedra e pediu a Xunta de Galicia que tome medidas para solucionar canto antes esta situación.

Esta falla de planificación, segundo os socialistas, está a provocar unha situación crítica para os veciños e as veciñas de toda a comarca que sofren a perda da capacidade do sistema asistencial.

O Partido liderado por Xoaquín Fernández Leiceaga levará ao pleno da vindeira semana estas queixas e insistirán o Goberno da Xunta de Galicia na necesidade de crear máis recursos para a mellora da sanidade.