Máis de 11.000 alumnos presentáronse hoxe á selectividade, unha proba que decidirá o seu futuro

PONTEVEDRA> Máis de 11.000 alumnos en toda Galicia enfrontáronse hoxe á selectividade. A xornada comezou cos exames de Lingua Castelá, Historia de España, Lingua Galega e Lingua estranxeira. 4 materias, que sumadas ás da fase específica, determinarán quenes superan as notas de corte e poden acceder á universidade.

Con nervios, tensión e emoción, así estaban os alumnos pontevedreses minutos antes de comezar os exames de selectividade. Unha proba que define o seu futuro e que lle pode abrir ou pechar ás portas a carreira que desexan facer. E unha vez rematadas as primeiras probas, o camiño comeza a definirse.

Tras completar a primeira xornada, algúns con máis éxito ca outros, os alumnos non abandonan os libros, porque teñen que prepararse para os seguintes.

A xornada de mañá continuará cos exames da fase específica. Con materias como matemáticas, latín ou física. Un último esforzo antes da celebración final.