As alumnas do colexio de Barrantes len o manifesto en Ribadumia

RIBADUMIA> As alumnas do colexio de Barrantes foron as encargadas de ler o manifesto feminista en Ribadumia. O Concello decidiu adiantar a lectura para que os asistentes puidesen achegarse ós actos doutros concellos. A igualdade entre homes e mulleres e a loita contra a violencia de xénero foron a base deste discurso.

Como xa é habitual nos últimos anos, Cambados, Ribadumia, Meis e Vilanova deron lectura ó manifesto mancomunado que impulsa o CIM da Mancomunidade do Salnés con motivo do Día Internacional da Muller. Para permitir que as persoas asistentes puidesen participar noutros actos da zona, o concello de Ribadumia adiantou a súa lectura. O texto foi lido por alumnas do colexio Julia Becerra Malvar que comezaron reivindicado a igualdade entre homes e mulleres.

Tamén reclamaron que se leven a cabo os mecanismos necesarios para cumprir co Pacto de Estado en materia de violencia de xénero.

Á lectura asistiron veciños e veciñas, empregados municipais e membros do goberno local que se mostraron satisfeitos co traballo feito polo alumnado. Dende o colexio destacan a implicación dos mozos e mozas de como estas actividades vannos concienciando.