As xogadoras do Poio Pescamar únense aos actos do 8M da localidade

POIO> Ademais de en Pontevedra, en moitos concellos da comarca sucedéronse os actos reivindicativos. É o caso de Marín ou Poio. Nesta última localidade, deuse lectura a un manifesto no Centro Social. Ademais, o Coro da Terceira Idade da Casa Rosada interpretou unha canción, creada expresamente, con motivo do 8 de marzo.

Así, con música, claman pola igualdade as mulleres de Poio. O Coro da Terceira Idade da Casa Rosada protagonizou os actos centrais do 8 de marzo na localidade. As mulleres do colectivo encargáronse de interpretar unha canción, creada expresamente, para esta xornada.

Tamén se deu lectura a un manifesto. O texto serviu para poñer en valor o papel da muller na sociedade, en igualdade co home. Tamén para reivindicar unha localidade libre de violencias machistas.

Nos actos tamén participaron varias xogadoras do equipo de fútbol sala Poio Pescamar, de primeira división.

Ademais deste acto, en Combarro tamén se organizou unha colgada de mandís ó redor da praza da Chousa, facendo saber que tamén elas están en folga.