Zona Aberta celebra o San Valentín cunha novidosa campaña centrada na diversidade afectiva

VILAGARCÍA> En Vilagarcía, o San Valentín deste ano de Zona Aberta por o foco na diversidade. Os comerciantes da cidade están a preparar unha campaña coa que reivindica-los dereitos LGTBI, ó tempo qu fomentan as compras no comercio local. O mesmo 14 de febreiro van celebrar unha festa, con música e o sorte dunha fin de semana de spa para unha parella de namorados.

En Vilagarcía, o amor celébrase neste San Valentín por todo o alto. Zona Aberta impulsa unha nova campaña centrada na diversidade. O colectivo busca incentiva-las vendas polo 14 de febreiro ó tempo que reivindica o dereito das persoas a amar libremente.

A novidosa campaña deste ano inclúe unha festa o propio Día dos Namorados. Está prevista na praza de Galicia, coa música da Duenteneta. En caso de chuvía trasladaríase á Peixería. Ademais, no seu transcurso vaise sortear unha romántica fin de semana para unha parella nun spa.

As rifas iranse repartindo entre os clientes que fagan as súas compras nas tendas asociadas a Zona Aberta. A iniciativa conta coa colaboración do Concello, que recibe con estusiasmo esta campaña a prol da diversidade.

Ademais, de xeito paralelo o IES Castro Alobre vai organizar un concurso de fotografía entre o seu alumnado centrado nas relacións afectivas.

Os gañadores do certame faranse con vales de compra que poderán gastar nas tendas de Zona Aberta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí