O alcalde de Pontevedra agradece o labor da Protección Civil

PONTEVEDRA> 30 voluntarios colaboran diariamente na delegación de Protección Civil de Pontevedra. Un equipo que se encarga da distribución de alimentos entre os colectivos máis vulnerables e que colabora con colectivos como Cáritas ou o Comedor de San Francisco. Esta mañá todos eles recibiron o agradecemento do alcalde.

O alcalde de Pontevedra e a concelleira de Protección Cidadá visitaron esta mañá as instalacións de Protección Civil co obxectivo de trasladar o agradecemento de toda a cidadanía polo traballo que están a desenvolver. Un traballo necesario e imprescindible nesta crise sanitaria.

A delegación de Protección Civil en Pontevedra está composta por 30 voluntarios que se encargan de atender aos colectivos máis vulnerables. Entre eles, persoas maiores, sen teito, ou nenos que non teñen acceso ás novas tecnoloxías para continuar co seu curso escolar.

Protección Civil colabora diariamente coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Ademais, axudan tamén na distribución de alimentos no Comedor de San Francisco e en Cáritas. Unha labor na que cumpren estritamente coas medidas de seguridade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí