Pontevedra> Con motivo da celebración do día Internacional da Muller dende a Deputación presentaron esta mañá a exposición Rompe. Xoga en Igualdade. Unha mostra de barbies intervidas que terá como fin denunciar a desigualdade existente entre os homes e as mulleres na actualidade. Unha exposición que poderán ver no vestíbulo do Pazo Provincial dende o 7 de marzo ata o 8 de abril.
O vindeiro 7 de marzo a Deputación inaugurará a exposición Rompe. Xoga en Igualdade. Unha mostra realizada por Isabel Blanco e Irene Silva. Trátase, segundo a presidenta, dunha exposición rompedora, protagonizada pola barbie, unha barbie intervida, e que denuncia a desigualdade existente entre os homes e as mulleres. Unha mostra conformada por 18 paneis onde se fala da beleza, as mulleres floreiro, a nai de aluguer, as vodas, a violencia machista….
Unha mostra que a presidenta chegou a dicir que será suxeito de numerosas críticas e incluso que pode ser secuestrada… ao que Isaura Abeleiras, deputada de Igualdade dixo que ogalla…
As creadoras desta mostra teñen claro que o obxectivo principal da mesma é o de denunciar a desigualdade que existe entre os homes e as mulleres xa dende pequenos, que na educación deben estar os alicerces de esta igualdade necesaria na sociedade actual.
Unha mostra que trata de facer visible o que moitas veces, ainda que sorprenda, é invisible.
Xa o saben, o vindeiro mércoress 7 de marzo inaugurarase esta exposición Rompe. Xoga en Igualade, unha mostra que segundo a presidente e as creadoras da mesma, non deixará a ninguén indiferente e que poderán visitar ata o 8 de abril no vestíbulo do Pazo Provincial