O comercio local sae á rúa

PONTEVEDRA> Comeza unha nova edición do evento A pé da rúa. Con este proxecto, o Concello busca promover o comercio local da cidade a través da marca “Pontevedra Capital Shopping”. Unha iniciativa que cada ano gaña máis adeptos e que converte as rúas da Boa Vila nun gran escaparate.

Os comerciantes da Boa Vila achegaranse aos seus clientes na terceira edición do evento A pé da rúa. Con este proxecto, o goberno municipal pretende fomentar o comercio local a través da marca “Pontevedra Capital Shopping”. Durante case dous meses, as rúas da cidade encheranse de festa, de actuacións en directo e de numerosas ofertas.

Os escenarios elixidos para a celebración desta actividade son as rúas que recentemente foron reformadas polo Concello. O evento comezará o 16 de marzo na rúa Virxe do Camiño e prolongarase ata o 11 de maio coa terceira edición de Rizando o Rizo.

Todas as tendas da cidade participarán neste evento sacando os seus produtos e as súas ofertas á rúa. Agora solo queda que o tempo acompañe, para que todos os clientes poidan desfrutar dun ambiente de diversión e de festa.