A Deputación de Pontevedra investirá 3,5 millóns de euros na reactivación do destino Rías Baixas

[

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra investirá máis de 3,5 millóns de euros na reactivación turística do destino Rías Baixas. A institución provincial anunciou hoxe un paquete de medidas coas que se pretende dar resposta ás necesidades deste sector.

A Deputación de Pontevedra anunciou hoxe un novo Plan de Reactivación do destino Rías Baixas valorado en máis de 3,5 millóns de euros. Un plan que busca dar resposta ás necesidades do sector turístico tras a crise do coronavirus.

Este plan será participativo e transversal e estará dividido en 5 eixos principais: financiamento, prevención e seguridade, dixitalización e competitividade, fomento da demanda de produtos e servizos turísticos e promoción do destino Rías Baixas.

A Deputación de Pontevedra dirixe así este plan a un turismo de proximidade e demostrando que as Rías Baixas é un destino seguro.