Pontevedra, un exemplo en Dinamarca

PONTEVEDRA> Pontevedra continúa superando fronteiras e sendo un exemplo no resto do mundo. Nesta ocasión, o modelo da Boa Vila chegou ata o pobo vikingo de Roskilde, en Dinamarca. Unha delegación danesa visitou esta mañá a cidade para comprobar de primeira man os beneficios que supón a peonalización.

Como convencer ao pobo de Roskilde, en Dinamarca, dos beneficios de peonalización. Ese é o obxectivo do vice alcalde da cidade danesa, que esta mañá visitou Pontevedra para coñecer de primeira man a nosa transformación urbana.

Roskilde é unha das cidades máis antigas de Dinamarca. Está situada ao norte do país e conta con case 50.000 habitantes. O goberno local danés está interesado en prohibir os coches no centro histórico e por iso quixo acercarse ata a Boa vila para coñecer o noso modelo peonil.

O vice alcalde de Roskilde sabe que non será fácil instalar o modelo de Pontevedra na súa cidade pero quere seguir traballando para conseguir que os seus veciños teñan unha maior calidade de vida.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí