A revolución da literatura

PONTEVEDRA> O Pazo da Cultura acollerá dende a próxima semana a vixésima edición do Salón Internacional do Libro. Máis de 300 actividades revolucionarán a cidade co obxectivo de demostrar que a literatura infantil e xuvenil non é soamente para as crianzas.

Xa está todo listo para que arrinque unha nova edición do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Unha iniciativa que comezou fai 20 anos e que se converteu nun gran proxecto cultural.

Entre as máis de 300 actividades que revolucionarán a Boa Vila, non faltarán os contacontos, os obradoiros e os espectáculos musicais. Ademais, nesta edición haberá un evento moi especial.

Na programación tamén está incluída a proposta “Unha cidade de conto” que percorrerá as librarías de Pontevedra.

O Salón do Libro transformouse nestes vinte anos, pero se algo sempre estivo moi presente foi o compromiso para que os cativos e as cativas coñecesen a literatura mentres se mergullaban nas páxinas dos libros.

Comments are closed.