Os veciños do Salnés ultiman os agasallos do Día do Pai

VILAGARCÍA> Xa está aquí o día do Pai. A veciñanza do Salnés comparte con nós os seus agasallos. Os comercios amósanse contentos cas ventas desta campaña.

Hoxe foi o último día para mercar os agasallos e a maioría dos veciños da comarca xa viñan cos deberes feito. Todos aseguran apostar polo comercio local. Pero sempre están os que esperan a última hora e os que non comparten este festexo.

Os que comparten este día decántanse por un pequeno detalle e o gasto de media rolda os 40 euros.

Os hostaleiros da zona móstranse contentos con esta campaña que mellora os números dos últimos anos.

Estes números teñen máis importancia nun momento no que internet está en auxe.  A pesar de iso, os comerciantes consideran que debería regularizarse.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí