Broche de ouro co Entroido de Campelo

POIO> Pero o Entroido de Poio aínda non rematou. Os veciños de Campelo prepáranse para o seu día grande. Este domingo, a partir das 16:00 horas, a Praza da Granxa encherase de música, animación infantil e unha gran chocolatada. As comparsas están xa preparadas para poñer o broche de ouro a estas festas.

A troula e a festa en Poio non para. Coa resaca do desfile desta fin de semana, o Concello sigue coa celebración. Nesta ocasión, Campelo é o lugar elixido para poñer o broche final ao Entroido. A música e as comparsas no faltarán a esta cita.

No evento repartirase un premio ao mellor disfrace e haberá unha mención especial.

Sporting Campelo Veteranos, Comisión de Festas, Os 100 Tolos e a Asociación Cultural Deportiva Campelo invitan a todos os veciños a acercarse ata Praza da Granxa para poñer o fin a unhas festas que xa son un referente na comarca.

Comments are closed.