O Concello de Pontevedra presenta un estrito protocolo de seguridade para o Campionato de Tríatlon

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra presentou hoxe o operativo de seguridade do Campionato de España de Tríatlon. Un plan exhaustivo que se poñerá en marcha este xoves e que se prolongará ata que rematen todas as probas.

Este é o plano xeral do Campionato de España Sprint de Tríatlon que se levará a cabo esta fin de semana en Pontevedra. A liña verde corresponde ao circuíto de natación, a amarela ao de bicicleta e a vermella ao da carreira a pé. Co obxectivo de garantir a maior seguridade de todos os participantes e tamén de toda a cidadanía, o evento contará cunha sede pechada onde estará prohibida a entrada do público. Durante a celebración das probas, este perímetro incluirá tamén a Ponte dos Tirantes.

En canto ás restricións de estacionamento, o plan de seguridade divide tres partes. A primeira, a zona en azul que inclúe a Avenida de Buenos Aires e na que estará prohibido aparcar dende o xoves ás 15:00 horas. Na área vermella, as restricións de estacionamento serán a partir dás 22:00 horas e, na zona en verde, as limitacións comezarán ás 5:00 horas da mañá.

Neste Campionato, ningunha proba pasará polo centro histórico e, polo tanto, a circulación nesta zona estará garantida. Unicamente impedirase o acceso dende a Ponte das Correntes de camións de alta tonelaxe. A gran novidade é que a Ponte de Santiago quedará de saída da cidade.

A Policía Local e a Nacional encargaranse de garantir a seguridade en todo o Campionato. Ademais, nas diferentes probas tamén estarán presentes os Bombeiros e os membros de Protección Civil. Por outra banda, no entorno da Ponte dos Tirantes estará instalado un hospital de campaña de Cruz Vermella e haberá tamén controis nos accesos á sede pechada. Medidas estritas para que Pontevedra volva a converterse na capital do tríatlon.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí