PONTEVEDRA> O Museo de Pontevedra acolle dende hoxe unha nova obra. “Retrato dun médico” de El Greco, foi cedido polo Museo do Prado co motivo da conmemoración do seu bicentenario. Un cadro que, xunto coas copias dos óleos “A expulsión dos mercados do templo” e “San Pedro e San Paulo”, poderá visitarse ata o 21 de abril.
O Museo de Pontevedra foi o lugar elixido en Galicia para celebrar o bicentenario da fundación do Museo do Prado. A institución forma parte do proxecto “De xira por España” e a partir de hoxe, os pontevedreses poderán visitar a obra “Retrato dun médico” de El Greco.
O director do Museo do Prado explicaba esta mañá os dous motivos polos que o Museo de Pontevedra foi o elixido para albergar esta obra.
“Retrato dun médico” está acompañada de dúas copias dos óleos “A expulsión dos mercados do templo” e “San Pedro e San Paulo”. Esta exposición poderá visitarse ata o día 21 de abril.
Comments are closed.