![]()
NOIA> Presidencia remitiulle un escrito ó rexedor indicándolle que o procedemento seguido é ilegal, xa que o xefe de policía debe se-lo axente de maior rango.
{flowplayer}barbanza/nomeamentoxefepolicialocalnoia.flv{/flowplayer}
O inspector Manuel González Agra segue sen entender a decisión tomada polo alcalde, Rafael García Guerrero, contradicindo a lei de Coordinación de Policías Locais, e nomeando a un axente de menor rango como novo responsable deste corpo.
González Agra fai alusión á xuntanza mantida a pasada semana pola Comisión de Coodinación de Policías Locais, que integran representantes sindicais, da FEGAMP e da Consellería de Presidencia, nas que se volveu a incidir neste tema. Segundo el dende este Departamento Autonómico xa se lle remitiu un escrito ó alcalde noiés instándolle a rectificar na súa decisión.
Manuel González Agra, que ademais é presidente da Asociación de Xefes de Corpo e Mandos da Policía Local de Galicia, AXEMPOL, asegurou que os máis perxudicados por esta situación de continuo enfrontamento entre o alcalde e os membros do corpo policial non vai máis que en prexuízo dos veciños de Noia.
Non descartan mobilizacións
Os sindicatos non descartan emprender accións legais contra o alcalde se non rectifica na súa postura, así como realizar concentracións diante do concello para protestar por esta decisión.
Redacción Barbanza







