“Motim” revoluciona o Salón do Libro

PONTEVEDRA> O Museo de Pontevedra acolle dende hoxe “Motim”, a exposición de ilustración infantil e xuvenil do Salón do Libro. A mostra reúne a obra de case 40 celebridades artísticas de Portugal. “Motim” estará aberta ao público ata o día 12 de abril.

O Salón do Libro Infantil e Xuvenil abriu hoxe as portas a exposición “Motim”, un dos eventos máis destacados desta edición. A mostra encaixa perfectamente no lema deste ano, “Revolución”, porque o seu obxectivo e incentivar unha revolta de ideas.

“Motim” é unha exposición de ilustración infantil e xuvenil que reúne as obras de 38 artistas portugueses, entre eles, o Premio Nacional de Ilustración do ano 2018.

O obxectivo principal do Salón do Libro con esta exposición é achegar a cultura lusófana a todos os galegos. E de aí a beleza desta mostra.

“Motim” está destinada a todos os públicos e estará aberta ata o día 12 de abril.

Comments are closed.