A rúa Echegaray renovarase nos próximos meses

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra anunciou esta mañá que nos próximos meses comezarase a obra de renovación da rúa Echegaray. Os principais traballos nesta zona basearanse na mellora da rede de pluviais, de saneamento e de abastecemento da auga. Ademais, tamén restauraranse as canalizacións eléctricas e ampliaranse as beirarrúas.

O goberno municipal xa ten case todo listo para comezar a renovación dos servizos da rúa Echegaray. A obra consistirá na mellora das redes de pluviais, de saneamento e de abastecemento da auga. Ademais, o Concello renovará tamén as canalizacións eléctricas, ampliará as beirarrúas e poñerá liñas de servizos a ambos lados da rúa.

A obra conta cun investimento de 696 mil euros e un prazo de execución de 6 meses. O goberno local terá reunións cos veciños para acordar o inicio da renovación.

O Concello espera que estas obras, incluídas no ciclo da auga, estean iniciadas antes do verán, igual que as de Campañó, Santa María e San Andrés de Xeve, e as da segunda fase de Verducido.