Rouban o diñeiro das máquinas recreativas das galerías da Oliva

PONTEVEDRA> As galerías da Oliva sufriron a pasada fin de semana un roubo na zona de ocio infantil. Os ladróns forzaron as caixas co diñeiro das máquinas instaladas. Esta non foi a primeira vez que se producía un roubo nesta zona recreativa.

Estas son as máquinas que acabaron desvalixadas o pasado domingo. A Policía Nacional acudiu a este lugar sobre as sete da tarde tras unha alerta cidadá e comprobou que os ladróns forzaran as caixas de tres das cinco máquinas instaladas.

Os ladróns leváronse dúas caixas con diñeiro e deixaron unha terceira no lugar dos feitos, a cal foi trasladada á Comisaría como proba. De momento o dono non puido establecer a canto ascende o importe roubado.

Esta non é a primeira vez que ocorre algo similar. Nos últimos anos, as máquinas das galerías da Oliva sufriron xa catro actos de vandalismo.

Pero de momento, as máquinas recreativas das galerías da Oliva volven a estar en perfecto estado para que os máis pequenos poidan desfrutar de esta zona de ocio.

Comments are closed.