A borrasca Elsa arrasa no seu paso por Pontevedra

PONTEVEDRA> A borrasca Elsa está a deixar graves incidencias na cidade. A principal, a rexistrada onte no Estadio Municipal de Pasarón. O forte vento e as intensas choivas provocaron o desprendemento de parte da cuberta. Un feito que obrigou ao Concello a pechar as rúas Luis Otero e Leonardo Enríquez ata que non rematen os traballos de reparación.

Así quedou a cuberta da grada de Preferencia do Estadio Municipal de Pasarón tras as intensas chuvias de onte. O Concello xa iniciou o procedemento de contratación por emerxencia para realizar os traballos de estabilización e reposición das pranchas desprendidas. Pero, polo de momento, o goberno municipal decidiu pechar as rúas Luis Otero e Leonardo Enríquez para garantir a seguridade.

Pero esta non é a única incidencia rexistrada en Pontevedra tras o paso da borrasca Elsa. As chuvias provocaron tamén asolagamentos en rúas como Rodríguez Seoane, Santa Margarida, Gorgullón ou Loureiro Crespo.

O asolagamento máis salientable foi este. Así estaban as rúas Fernando Olmedo e Casimiro Gómez sobre ás 23:00 horas. O goberno municipal asegurou estar traballando para buscar unha solución a este problema.

Nas parroquias tamén se rexistraron incidencias. As máis destacables, a caída dunha árbore en Salcedo, o desprendemento dun arco de alumeado de Nadal en Estribela e un importante asolagamento en Lourizán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí