A Rosa dos Ventos homenaxea aos motoristas falecidos

PONTEVEDRA> O Concello de Poio quere mellorar a seguridade dos motoristas no municipio. Para iso, a partir de agora, todas as estradas terán pintura antiescorregadiza. Unha iniciativa proposta polo motoclub A Rosa dos Ventos e que coincide co X aniversario da súa concentración.

O Concello de Poio e o motoclub A Rosa dos Ventos están traballando conxuntamente para conseguir que os motoristas se sintan cada vez máis seguros nas estradas, e para logralo, xa teñen en marcha a primeira iniciativa.

A Rosa dos Ventos tamén quere facer unha pequena homenaxe a todos os motoristas que perderon a vida na carreteira e, por iso, coincidindo coa celebración do X aniversario da súa popular concentración, o motoclub inaugurará unha escultura.

A concentración do motoclub poiense levarase a cabo o segundo fin de semana de xullo e a organización espera que asistan máis de 2.600 motoristas. Un evento que volverá a demostrar que os veciños de Poio seguen devorando o asfalto co ruxir do seu motor.