Pontevedra concéntrase en repulsa do crime de Diana Quer

PONTEVEDRA> O asasinato de Diana Quer tamén marcou hoxe a axenda en Pontevedra. O Pazo Provincial acolleu unha concentración en repulsa por este crime na que participaron a Deputación e o concello capitalino. Ademais de trasladar un xesto de solidariedade á familia da moza madrileña, o acto tamén serviu para rexeitar a violencia contra as mulleres. Pontevedra tamén recordou esta mañá a Diana Quer. Deputación e concello uníronse nunha única concentración en repulsa do asasinato da moza madrileña. Segundo a presidenta provincial, estas situacións derivan dunha sociedade marcada polo machismo, froito ademais dun sistema patriarcal. Segundo Silva, a educación é fundamental para conseguir mudar o sistema. Algo no que coincidiu o rexedor de Pontevedra. Miguel Anxo Fernández Lores apuntou tamén á súa intención de seguir denunciando estas situacións. Na concentración tamén participou o secretario xeral do PSdeG-PSOE. Gonzalo Caballero chamou a denunciar calquera acto de violencia contra as mulleres.