PONTEVEDRA> Do traslado de ENCE tamén se debateu esta mañá na Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía. Neste caso, os dirixentes do organismo aseguraron que o traslado da fábrica é inviable e alertaron das graves repercusións que se derivarían en toda Galicia se ENCE abandonase a ría de Pontevedra.
Sorprendidos e molestos. Así mostráronse esta mañá os dirixentes da Cámara Oficial de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía ante o cambio de criterio da Dirección Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar ao renunciar a defensa da concesión a ENCE.
O vicepresidente da cámara, Eduardo Barros, asegurou que o traslado da fábrica é inviable e sinalou que esta situación ten unha repercusión internacional e xera inseguridade xurídica.
Os dirixentes do organismo quixeron destacar o traballo medioambiental que fai ENCE para cumprir cos parámetros europeos.
O presidente asegurou que o achantamento da Avogacía do Estado soamente pode ser explicada en clave electoral e afirmou que as cámaras de comercio está traballando en Madrid para que ENCE non abandone a ría de Pontevedra.