Nova proposta electoral de Rafa Domínguez: converter o Hospital Provincial nun edificio universitario

PONTEVEDRA> Converter o Hospital Provincial nun edificio universitario convértese nunha das propostas do candidato do Partido Popular en Pontevedra para as eleccións municipais do mes de maio. Rafa Domínguez asegura que a súa intención é evitar que o inmoble quede baleiro, unha vez se traslade toda a actividade ao Gran Montecelo. Segundo Domínguez, tanto a Xunta como a Universidade de Vigo verían con bos ollos este uso.

O Partido Popular de Pontevedra mira cara o Hospital Provincial nunha das súas promesas electorales. Rafa Domínguez anunciou a súa proposta: que o edificio se destine a usos universitarios unha vez se traslade toda a actividade sanitaria ao Gran Montecelo.

O Servizo Galego de Saúde é o titular do edificio. De aí que Domínguez trasladara a súa proposta ás Consellerías de Sanidade e de Educación e á propia Universidade de Vigo.

O candidato do Partido Popular pontevedrés recordou que o edificio xa acolle a Escola de Enfermaría. O que descarta é que o Hospital Provincial se convirta nunha residencia da terceira idade, como xa se plantexou en varias ocasións.

Con esta proposta, os populares pontevedreses queren evitar que o Provincial remate deteriorándose sen actividade, como sucede co edificio de Facenda na praza da Ferrería.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí