PONTEVEDRA> O Mercado de Abastos de Pontevedra acolle esta semana unha cata de viños e uvas. En total, unha decena de castes galegas e os seus correspondentes caldos monovarietais. A iniciativa, promovida pola Viñoteca do Mercado, celebrarase ao longo de toda a semana.
Co obxectivo de achegar a vendima a cidadanía e poñer en valor o produto galego, a Praza de Abastos de Pontevedra acolle estes días unha cata de viños e uvas. Unha iniciativa que xurdiu na Viñoteca do Mercado e que se prolongará ata a fin de semana.
A cata está formada por uvas de dez castes galegas e os seus correspondentes caldos monovarietais.
Este é o segundo ano que se celebra esta cata de viños e uvas no Mercado. Todos os que queiran asistir poderán facelo en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 20:00 a 22:00 horas. Como non podía ser doutro xeito, o evento está adaptado á normativa antiCovid.