O PP acusa á Deputación de Pontevedra de intentar silenciar aos traballadores de Ence

PONTEVEDRA> O Partido Popular acusa ao PSOE e ao BNG de intentar boicotear a intervención dos traballadores de Ence na Deputación ao retrasar unilateralmente a data do pleno para despois das eleccións xerais.

O grupo provincial do Partido Popular anunciou esta mañá o interese que teñen o PSOE e o BNG en cambiar a data do pleno ordinario de abril para despois das eleccións xerais. Unha decisión que, segundo os populares, busca silenciar aos traballadores de Ence.

O voceiro do grupo popular acusa tamén ao Partido Socialista de introducir o asunto de Ence na campaña electoral.

A agrupación provincial adiantou que presentarán un escrito para esixir que se respecte a orden do día e que se manteña a data da celebración do pleno ordinario, ou, como moito, que se adiante un día.