A Policía Nacional pide aplicar o ‘sentido común’ para evitar as ciberestafas

PONTEVEDRA> O sentido común pode ser a mellor ferramenta para evitar ser vítimas dos ciberdelincuentes. A Policía Nacional alerta do incremento das estafas a través da internet. Advirten de que o mellor é adoptar medidas preventivas cun principio claro: aplicar ao mundo virtual as mesmas precaucións que tomamos no mundo físico.

Aplicar ao mundo virtual as mesmas precaucións que tomamos no mundo físico. Este é o consello básico da Policía Nacional á cidadanía para evitar ser vítimas da ciberdelincuencia.

Onte celebrouse o Día Mundial da Internet Segura e dende a Policía Nacional advirten de que as ciberestafas son cada vez máis frecuentes.

Non compartir os nosos datos persoais é un xeito de evitar ser vítima das estafas coñecidas como ‘phishing’, unhas das máis frecuentes. Aquí o usuario entrega a un descoñecido que se fai pasar, por exemplo, por unha entidade bancaria as súas claves, permitindo aos delincuentes acceder ás súas contas.

Tamén chaman a atención sobre as estafas relacionadas coas compras, que se incrementan en épocas como o Black Friday ou o Nadal. Aquí a clave é facer os pagamentos nun entorno seguro.

O sentido común e a precaución son tamén básicos nos casos de ‘sextorsión’, delitos nos que se ameaza a persoas con distribuír material privado e que moitas veces se dirixen a menores de idade.

Sexa cal sexa a natureza da ciberestafa, a Policía Nacional recomenda denunciar canto antes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí