O Partido Popular fai balance sobre os últimos catro anos do goberno de Lores

PONTEVEDRA> O candidato do Partido Popular á alcaldía fixo referencia tamén esta mañá a situación límite que están vivindo os clubs deportivos da cidade. Rafa Domínguez fixo balance dos últimos catro anos do goberno nacionalista e lamentou a radicalización que, segundo el, está sufrindo o partido liderado por Lores.

Paro, impostos elevados, barrios esquecidos e unha cidade sen transporte público. Eses foron os principais temas analizados no balance que fixo esta mañá o Partido Popular de Pontevedra sobre os últimos catro anos de goberno nacionalista.

Tampouco faltaron as referencias por parte do voceiro popular á falta de apoio social cara á implantación da compostaxe comunitaria e a radicalización que, segundo Rafa Domínguez, está sufrindo o BNG de Pontevedra.

Con este balance, o Partido Popular de Pontevedra preséntase como única alternativa ao goberno de Lores e pon en marcha a campaña electoral de cara ás eleccións municipais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí