Campionanto Galego de seleccións comarcais en Valga

VALGA> Valga acollerá o campionato galego de seleccións comarcais. No torneo participarán máis de 300 futbolistas. Terá lugar o vindeiro luns 15 e a entrada será gratuíta.

O vindeiro luns día 15, os afeccionados ó fútbol de Valga e arredores poderán gozar do campionato galego de seleccións comarcais. A Federación Galega de Fútbol, ca colaboración do concello valgués e do equipo de fútbol Cordeiro, organiza os torneo sub 15 masculino e sub 14 feminino.

O campionato chega a Valga grazas a aposta da directiva da Federación Galega de Fútbol por descentralizar os torneos e levalos ó máximo de concellos posible.

No campionato participarán máis de 300 futbolistas de 8 seleccións: Santiago, Vigo, Ourense, Pontevedra, A Coruña, Lugo, Ferrol e A Costa da Morte. Segundo o vicepresidente da Federación, será unha festa do fútbol.

O torneo disputarase no complexo deportivo de Campaña. Os primeiros partido comezarán ás 10 da mañá e a entrada é gratuíta.