A xunta inviste máis de 30 mil euros na renovación do centro de saúde de Pontecesures

PONTECESURES> A xunta de Galicia mellora o centro de saúde de Pontecesures. A consellería investiu máis de 30 mil euros nunha intervención que se destinou a renovar o alumeado, a pintura e a arranxar outras deficiencias da instalación.

Co comezo do ano, a xunta de Galicia está rematando e visitando os proxectos levados a cabo a finais do 2021 e comezos deste 2022. Un deles é o de mellora do centro de saúde de Pontecesures. A intervención tivo un custo de máis de 30 mil euros e permitiu arraxar numerosas deficiencias do centro.

A renovación permitirá mellorar o confort dos pacientes e do persoal médico.

Esta actuación integral, demanda polos pacientes, permitiu solucionar as necesidades do centro.

Aproveitando a visita, dende Pontecesures solicitaron máis persoal para o centro de saúde. Unha demanda recollida pola xerente da área sanitaria que se comprometeu a estudar a proposta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí