Parte das 150 prazas da nova residencia de maiores de Valga serán públicas

VALGA> Valga contará cunha residencia de maiores con 150 prazas. Unha parte delas, aínda sen concretar, serán públicas. O centro construirase nunha parcela de máis de 8.000 metros cadrados. O proxecto contempla tamén unha unidade pioneira para a formación e a investigación na recuperación de ictus en colaboración coas universidades galegas.

Nesta parcela do lugar da Gándara vaise construír a primeira residencia de persoas maiores coa que contará Valga.

O proxecto nace da iniciativa privada. Ademais de albergar 150 usuarios, a residencia incluirá módulos de convivencia de xeriatría, área de servizos sanitarios e amplas zonas axardinadas.

Unha parte das prazas serán públicas, grazas á colaboración da Xunta.

A Conselleira destacou tamén o carácter pioneiro deste proxecto: contempla unha unidade para a formación e a investigación na recuperación de ictus en colaboración coas universidades galegas.

A previsión é que as obras arranquen neste 2026.