A secretaria xeral de Emprego coñece o funcionamento da Cooperativa Ría de Arousa

BOIRO> A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, achegouse  esta mañá ata as instalacións da cooperativa Ría de Arousa na parroquia boirense de Abanqueiro. Alí puido coñecer algúns dos proxectos que desenvolve esta empresa que só traballa con marisco galego procedente da pesca artesanal.

Acompañada do alcalde, Xoán Xosé Dieste, a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, visitaba esta mañá en Boiro a cooperativa Ría de Arousa. Alí puido coñecer de primeira man o funcionamento da cooperativa que centraliza toda a súa actividade na nave de Abanqueiro, na que se sitúan tanto a depuradora, como a cetárea e o criadeiro de ameixa. Durante a visita destacou a importancia de iniciativas coma esta que axudan a impulsar a economía social en Galicia.

A secretaria xeral puido coñecer tamén aqueles proxectos de futuro nos que traballa actualmente a cooperativa que pasan tamén pola instalación dunha cámara de frío para traballar con produto conxelado e tamén a fabricación de latas de delicatessen de ameixa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí