O Marín, encadrado no grupo da morte do nacional cadete

CAMBADOS> A Adega Martín Códax acolleu esta mañá o sorteo de Campionato de España cadete de baloncesto, que terá lugar en Vilagarcía e Marín do 27 de maio ó 2 de xuño. No torneo estarán entre outros Barça, Real Madrid ou Joventut, xunto a tres representantes galegos: o Estudiantes de Lugo, o Marín Peixe Galego e o Compañía de María de Santiago.

{flowplayer}images/salnes/basket_160512.flv{/flowplayer} 

Esta mañá celebrouse na Adega Marín Códax o primeiro acto oficial do Campionato de España cadete masculino, que se disputa do 27 de maio ó 2 de xuño en Vilagarcía e Marín. Club Baloncesto Vilagarcía e Marín Peixe Galego uniron forzas para dar cabida a este novo formato, que entrou a funcionar da man da federación a pasada temporada.

A primeira fase xogarase en Vilagarcía, en Fontecarmoa, mentres que as roldas finais disputaranse en Marín. Participarán 32 equipos e estarán os mellores, entre eles Barcelona, Real Madrid, Unicaja, Banca Cívica de Sevilla, Valencia Basket, Joventut e Estudiantes.

No acto desta mañá estiveron presentes entre outras autoridades o alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín e o capitán do Blusens Mombus Obradoiro, Tuki Bulfoni, que exerceu de padriño. 

Entre os 32 clubes participantes estarán tres galegos. Ó que lle tocará bailar coas máis feas, ó Marín Peixe Galego, que quedou encadrado no Grupo C xunto a Real Madrid, Valencia Basket e o representante de Baleares que remate a liga en segunda posición. Ademais, estará no grupo B o Estudiantes de Lugo, cabeza de serie que terá que verse as caras co Easo A, o San Antonio de Cáceres e o Medio Cudeyo cántabro, e no grupo D o Compañía de María de Santiago, xunto ó Canterbury de Canarias, o Banca Cívica de Sevilla e o Algiret A.

Redacción Salnés