41 candidaturas optan a premio na sexta edición da Festa do Deporte de Ribadumia

RIBADUMIA> Todo a punto en Ribadumia para a sexta edición da Festa do Deporte. O evento servirá para recoñer e poñer en valor o traballo desenvolto neste último ano por deportistas e clubes locais. Nesta edición presentáronse medio cento de candidaturas, das que 41 optan finalmente a recoñecemento mañá.

No auditorio de Ribadumia xa está todo listo para a sexta edición da Festa do Deporte. O concello aposta de novo por esta iniciativa, como unha boa ferramenta para recoñece-lo traballo de deportistas e clubes do municipio.

Na gala desta sábado concorren 41 candidaturas. En total, presentáronse medio cento. Para o concello, boa mostra da intensa actividade deportiva que se desenvolve no municipio.

E destaca, ademais, o alcalde o gran abano de actividades e modalidades deportivas que se practican en Ribadumia.

O deporte é saúde, pero tamén un gran polo de atracción. Neste sentido, o rexedor insiste na importancia que teñen os eventos deportivos para atraer visitantes a Ribadumia.

Os gañadores da edición deste ano, elixidos por un xurado especializado, daranse a coñecer este sábado a partir das 8 da tarde. O evento estará conducido de novo polo humorista Pepo Suevos.