PONTEVEDRA> Os sindicatos de Comisións Obreiras e UXT convocaron esta mañá unha mobilización para o 1 de maio. O obxectivo é defender os dereitos dos traballadores e traballadoras e loitar contra a precariedade e as desigualdades na sociedade.
Comezan os preparativos para a mobilización convocada para o 1 de maio. No día do traballador, os sindicatos de Comisións Obreiras e de UXT reclamarán ao goberno a derrogación da reforma laboral e o mantemento do sistema público de pensións.
Os sindicatos reivindican tamén un cambio no modelo produtivo e reclaman unha sociedade xusta e cohesionada.
A manifestación de Comisións Obreiras e UXT será este mércores ás 11.00 horas e partirá da Praza da Ferraría. O percorrido rematará fronte a Subdelegación do Goberno coa lectura do manifesto.