A resaca electoral para a veciñanza do Salnés

SANXENXO> Tralas eleccións xerais no Canal Rías Baixas saímos á rúa para coñecer a opinión da veciñanza do Salnés. Aínda que o resultado non satisfai a todos, a maioría veno bastante previsible. Tamén compartiron con nós os problemas máis urxentes a atallar nesta nova lexislatura.

Primeiro día posteleccións xerais. Por diante catro de goberno para aqueles partidos que unan forzas e obteñan unha maioría parlamentaria. Por detrás decenas de enquisas, proxectos e previsións. Os veciños do Salnés comparten con nós as súas inquedanzas tralo resultado electoral.

A veciñanza ten claro cales son os principais problemas ós que terá que facer fronte o novo Goberno: O paro, a sanidade e a educación

Sen case tempo para asimilar o resultado electoral, o país terá que volver ás urnas o próximo mes para elixir ós novos rexedores locais. A dúbida é se o resultado das nacionais influirá para que a veciñanza modifique o seu voto nas municipais.

Nuns días coñecerase cal será finalmente o novo goberno. Veremos se os acordos e as primeiras políticas do novo presidente non acaban influíndo no voto das municipais.