PONTEVEDRA> Tres persoas detidas e varios rexistros en Vilanova de Arousa é o balance que deixa o último operativo contra o tráfico de drogas desenvolvido na comarca do Salnés. No marco da operación, bautizada como Ninja 2, axentes da Udyco do Corpo Nacional de Policía desmantelaron unha organización que traficaba principalmente con marihuana, aínda que tamén se localizaron pequenas cantidades de haxix e cocaína. A operación continúa aberta.
Este novo golpe contra o narcotráfico pode ter un especial simbolismo. Hoxe conmemórase o Día Internacional contra o Tráfico Ilícito e abuso de Drogas, xornada que tivo o seu acto central en Galicia na cidade de Pontevedra. Aquí a Fundación Galega contra o Narcotráfico en colaboración coa Deputación pontevedresa, leu un manifesto para alertar do incremento da presenza das drogas na sociedade e concienciar da importancia da loita contra o tráfico de estupefacientes.
Estes son algúns dos obxectivos que tamén como desexos recolle o manifesto da Fundación Galega contra o Narcotráfico. A entidade celebrou hoxe o acto central para conmemorar o Día Internacional contra o Tráfico Ilícito e Abuso de Drogas en Pontevedra.
A Fundación contou coa Deputación de Pontevedra como aliada. O acto celebrouse ás portas do Pazo Provincial e Luis López sumouse á lectura do manifesto, apelando a toda a sociedade.
Pola prevención e pola loita contra as bandas que trafican con droga. A Fundación alerta que actualmente hai ao redor de 500 que operan en España. Por iso reclaman máis medios para esta loita e diminuír as trabas que moitas veces se atopan as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
Estas son algunhas das 20 medida propostas pola Fundación para loitar contra o tráfico de drogas; medidas que presentaron ante o Congreso dos deputados a finais do ano pasado.











