Rubén Ruzafa e Laura Gómez, favoritos no tríatlon cross

PONTEVEDRA> O ITU Multisport Festival non fixo máis que empezar. Mañá será outro dos días grandes deste campionato co Mundial de Tríatlon Cross. Rubén Ruzafa e  Laura Gómez son os favoritos españois a ocupar ás primeiras prazas.

Eles son os españois favoritos a alcanzar ás primeiras prazas do Mundial de Tríatlon Cross que se celebrará mañá en Pontevedra. Rubén Ruzafa, vixente campión do mundo, e Laura Gómez, subcampioa de Europa en 2018, chegan con moitas ganas a este campionato.

Rubén Ruzafa intentará revalidar o seu título mundial, aínda que é consciente de que non chega no seu mellor momento.

A pesar da súa corta idade, Laura Gómez asegura que chega con moita forza e confianza a este campionato.

Os españois non o terán nada fácil nesta proba. Rubén e Laura son conscientes de que teñen rivais moi fortes pero, están convencidos de que a vitoria definirase ao final, no tramo de carreira.

Comments are closed.