Os domingos en Vilagarcía serán un espectáculo

VILAGARCÍA> Os domingos en Vilagarcía, un espectáculo. Con este lema o goberno local presentou a cuarta edición do Ágora Vermú. O Concello celebrará, durante os meses de maio e xuño, un concerto todos os domingos en diferentes puntos da vila.

Dende o ano 2016 o Concello de Vilagarcía vén organizando o ciclo de actuacións musicais Ágora Vermú. Durante todos os domingos de maio e xuño celebraranse concertos en diferentes puntos da vila e cunha oferta variada de estilos e idiomas.

Dentro das 7 actuacións que se realizarán, predominan os artistas da localidade.

Na presentación estiveron presentes os integrantes do grupo Plazoleta que agradeceron a oportunidade.

Para o alcalde, esta é unha maneira de apoiar ó sector servizos, un dos máis importantes de Vilagarcía.

Os concertos celebraranse á unha da tarde dende o 12 de maio ao 23 de xuño. Tres actuacións terán lugar no centro da vila e as outras catro en Vilaxoán, Trabanca, Carril e As Pistas.