O BNG “vai a por todas” nas eleccións municipais

PONTEVEDRA> O Bloque Nacionalista Galego de Pontevedra presentou esta mañá as liñas sobre as que traballaran de cara ás eleccións municipais. Os candidatos mostráronse ilusionados e convencidos de que o seu proxecto é o mellor para o futuro da cidade e dos pontevedreses.

Orgullosos de todo o traballo feito e ilusionados co que está por vir. Así mostráronse esta mañá o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e a número 2 da lista do BNG ás eleccións municipais. O bloque presentou hoxe as liñas sobre as que traballará durante este mes para conseguir revalidar a alcaldía.

O alcalde asegurou que non está todo feito pero quixo mostrar as boas sensacións que hai dentro do partido.

O bloque chama a mobilización o próximo 26 de maio e afirma “que vai a por todas”.

A campaña municipal do BNG arranca con máis de 30 actos programados. O primeiro será mañá cunha reunión de toda a candidatura e o vindeiro 10 de maio, o Bloque celebrará un gran mitin aberto a toda á cidadanía.