PP e PSOE enfróntanse en Vilagarcía polos valos que reproducen ‘tuits’ de Varela

VILAGARCÍA> En Vilagarcía, a polémica medra nas semanas previas ao arranque da campaña electoral. O Partido Popular confirmou hoxe que están detrás dos valos publicitarios que reproducen tuits de Alberto Varela do 2015. Explicaron que a súa intención era facer unha campaña fresca e distinta e acusan ao Partido Socialista de querer censurala e de presionar para a súa retirada. Os socialistas, pola súa banda, cualificárona de paparrucha, e negan calquera coacción. A Xunta electoral xa decidiu non actuar.

A unha semana do arranque da campaña electoral, endurécese o enfrontamento entre Partido Popular e Partido Socialista de Vilagarcía. Hoxe os populares recoñeceron que son eles os que están detrás dos valos publicitarios que reproducen tuits de Alberto Varela cando era candidato á alcaldía, acompañados do hashtag #pinochosolohayuno.

Aseguran que conseguiron o seu obxectivo de viralizar a campaña entre os medios e a cidadanía. Tamén critican a reacción do Partido Socialista, especialmente do seu xefe de campaña, Julio Torrado. Acúsanos de querer censurar os valos.

Dende as filas socialistas, vése de xeito diferente. Cren que o PP intentou ocultarse detrás desta campaña e que isto demostra que non entenderon a mensaxe que, aseguran, lles enviou a cidadanía nas eleccións xerais do domingo.

En canto ás acusacións de coacción e censura, Torrado negou calquera acción deste tipo dende o Partido Socialista. E insistiu en que non comparten este xeito de facer campaña.

Os socialistas denunciaran a campaña ante a Xunta Electoral de Zona, pero finalmente o órgano decidiu non actuar. Matiza que se Alberto Varela, como persoa aludida polo cartel, sinte vulnerados os seus dereitos, debe dirixirse á xustiza.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí