Igualdade, diversidade de xénero e mobilidade inclusiva: os tres piares do vídeo de campaña do PSOE

[

PONTEVEDRA> Na recta final para ás eleccións municipais, o Partido Socialista presentou esta mañá o seu vídeo de campaña. Con esta proposta, o grupo local pretende darlle voz aos colectivos máis desfavorecidos e mostrar o seu traballo en igualdade, diversidade de xénero e mobilidade inclusiva.

Ilusión e compromiso. Eses son os eixes do vídeo de campaña do Partido Socialista. Un vídeo con mensaxes claros e directos que poñen de manifesto os obxectivos do grupo local de cara ás eleccións municipais.

Baixo o lema “Pontevedra é da xente”,  os propios candidatos da lista son os que presentan, neste vídeo, as propostas do partido.

Con esta proposta, os socialistas pretenden darlle voz a todos os colectivos e reflectir a vocación feminista, integradora e diversa do partido.

O vídeo está publicado na web vimeo.com e, en apenas dous días, xa supera o medio millar de visualizacións.