PONTEVEDRA> O candidato de Cidadáns á alcaldía presentou esta mañá as súas propostas en materia de mobilidade. Goyo Revenga aposta pola habilitación de catro aparcamentos disuasorios e dun servizo de lanzadeiras co obxectivo de impulsar a promoción económica da cidade.
A agrupación municipal de Cidadáns está convencida de que, para impulsar a economía da cidade é necesario mellorar a mobilidade. Por iso, o candidato á alcaldía presentou esta mañá todas as súas propostas neste eido. A primeira, a creación de catro aparcamentos disuasorios e dun servizo de lanzadeiras gratuíto.
Cidadáns quere que Pontevedra volva a ser un referente na comarca en canto a promoción económica. Con ese obxectivo, o grupo local da prioridade ao asfaltado das estradas sobre a proliferación dos lombos.
O candidato de Cidadáns tamén defende a A-57 como unha infraestrutura básica para o crecemento do municipio, así como a implantación dun transporte urbano ecoeficiente para comunicar o rural co centro da cidade.
Todas estas propostas en materia de mobilidade buscan que Pontevedra sexa unha cidade do século XXI.