Comeza a inscripción de viños para a XLVII Festa do viño tinto do Salnés

RIBADUMIA> O Concello de Ribadumia presenta a XLVIII  Festa do viño tinto do Salnés e exaltacións das variedades autóctonas. Para o alcalde é a edición  máis importante debido ó anuncio da Xunta de que estudará a legalización da variedade folla redonda. Os festexos terán lugar do 30 de maio ó 2 de xuño.

O Concello de Ribadumia prepárase para as súas festas máis importantes. Do 30 de maio ó 2 de xuño a localidade de Barrantes gozará, entre outros espectáculos, das mellores orquestras de Galicia, de pasarrúas, de concertos e de moito viño tinto.

Para o alcalde esta será unha festa especial. Despois de moitos anos reclamando á Xunta que legalice a variedade folla redonda, a administración autonómica anunciou a principios de este ano que iniciará os tramites para rexistrala.

O que non falla, como todos os anos, é o concurso de viños. Na edición pasada foron 120 os participantes que presentaron o seu produto e dende o concello esperan que a cifra se repita. O prazo para inscribirse comezou hoxe e pechará mañá.

A cata final terá lugar o sábado 1 de maio a partir das 11 da mañá. Os gañadores de cada sección coñeceranse ás 5 da tarde.