O Atlantic Fest regresa a Vilagarcía con grandes concertos como Izal, Fangoria ou Andrés Calamaro

VILAGARCIA> O atlantic fest regresa a Vilagarcía por partida dobre. Por un lado, tras superar a pandemia, e polo outro, porque será a primeira edición que se celebre con normalidade na volta do festival a Vilagarcía. Haberá actividades dende o 12 de xullo pero os días fortes do festival terán lugar o 15, 16 e 17 con artistas como Izal, Fangoria ou Andres Calamaro.

Vilagarcía volverá a gozar do Atlantic Fest con total normalidade. O regreso do festival a Vilagarcía é dobre, por un lado, tralo parón obrigado pola pandemia, e por outro por regresar á vila na que naceu tras unhas edicións fora. O Atlantic Fest levará a música a Vilagarcía do 15 ao 17 de xullo.

A celebración do festival é posible grazas ao apoio de numeroso patrocinadores. Entre eles destacan Paco y Lola, Martín Códax e Mahou, que ademais de contar cos seus propios escenarios realizarán diferentes actividades gastronómicas. A esta apoio súmase o das administracións, no caso da deputación de Pontevedra participará co espazo libre de agresións sexuais e co programa descúbreas.

Dende a xunta destacan a importancia de estes festivais para a economía da zona e como un reclamo turístico excelente.

Pola súa parte, o concello agradeceu o regreso do festival, por poder realizarse con normalidade e por celebrarse de novo en Vilagarcía.

No festival actuarán artistas da talla de Izal, Fangoria ou Andrés Calamaro. As entras xa están á venda con moita aceptación por parte do público. Ao marxe da música, dende o día 12 o Atlantic fest tamén realizará outras iniciativas como exposicións ou actividades para nenos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí